Esta tarifa gratuíta aplícase aos usuarios da tarxeta Xente Nova en ata 60 viaxes ao mes no autobús interurbano da Xunta e no transporte en barco da ría de Vigo e no ferrocarril de proximidade na área de Ferrol.
Na actualidade, esta iniciativa pioneira para o fomento do transporte público permite viaxar de balde en toda Galicia a máis de 132.000 menores de 21 anos.
Nos primeiros dez meses de 2022, nos que hai datos completos, emitíronse máis de 24.000 novas tarxetas, o que supón un crecemento superior ao 22% con respecto a 2021.
Case a metade das altas novas, máis de 11.000, rexistráronse entre agosto e setembro debido ao impulso das bonificacións adicionais nos prezos dos billetes que está a aplicar a Xunta.