A cita tivo lugar na tarde deste sábado no Pavillón Polideportivo do Colexio Sofía Casanova de Vilaboa. Alí levouse a cabo un taller de defensa persoal e recursos técnicos con 90 participantes, onde o 20 por cento eran mulleres. Os instrutores aclararon que non se trata de loitar, senón de estar en forma e en estado de alerta, máis ou menos activo segundo a situación que se nos presente. Logo dun prequencemento habitual, practicáronse distintas técnicas de defensa, psicolóxica, disuasoria e tamén física. Ao final tivo lugar unha charla impartida polo Mestre vigués Di Som D. José Luis Rodríguez. Participaron persoas de todas as idades, desde os 16 anos, onde o Club carballés achegou a 9 deportistas de distintas categorías. O Kung Fu promove a paz e a harmonía, e fai ás persoas máis aptas e solidarias, e aínda que en occidente considéraselle basicamente un método de autodefensa, da súa práctica derívanse moitos outros valores persoais e sociais.
