Parece un muíño eólico mariño ordinario pero non o é. Foi desenvolto cunha tecnoloxía telescópica que permite unha instalación máis rápida, barata e tamén máis eficiente que as normalmente utilizadas. O prototipo que ven aquí xa está a fornecer enerxía a cincomil fogares na illa de Gran Canaria. A apenas media hora en barco do principal porto da illa, a plataforma necesitou catro anos de traballo para converterse nunha realidade. A súa potencia é de 5 megawatts. É única pola forma en que foi construída e instalada. Tanto a base de formigón como a torre foron edificadas en terra. A plataforma foi logo transportada ata o seu punto de ancoraxe final, a uns 30 metros de profundidade. Os cimentos foron lastrados con auga do océano. As diferentes partes da torre foron telescopadas.
0