A tecnoloxía fará que os coches cambien para sempre

2 minutes read
  • Os próximos coches non destacarán polas bujías senón que serán clave os sensores, o software ou o 5 G.

Unha das tecnoloxías que se postulan como máis puxantes no segmento da seguridade na automoción é o eye tracking. Mediante un software específico e sensores de todo tipo, o coche consegue vixiar os movementos do condutor para recoñecer a atención que presta o condutor á estrada, a concentración ou a fatiga.

Un dos primeiros pasos que xa atopamos en gran cantidade de modelos de todo tipo é o mantemento automático no carril. Mediante sensores, o coche é capaz de recoñecer a estrada e aplicar lixeiras correccións de volante para manternos entre as liñas. Pero fabricantes como Tesla están a ir moitísimo máis aló e xa permiten un nivel de condución autónoma moi importante.

Dos 5 niveis de autonomía, Tesla coa súa tecnoloxía Autopilot e Audi co seu buque insignia A8 foron os primeiros en gozar deste nivel. Espérase que moi pronto non sexa estraño atopar tecnoloxías autónomas avanzadas en coches ‘máis correntes’.

Coa implementación do 5 G e do internet das cousas tamén se espera que o coche conectado teña unha revolución. Actualmente, moitos coches contan con soporte para gozar de Android Auto e Apple CarPlay que permiten sacarlle todo o mollo a aplicacións como Spotify ou Waze e aos asistentes virtuais Google Assistant e Siri.

Espérase que os primeiros coches con 5 G se comecen a comercializar este mesmo ano ou o próximo e que en 2022 se vendan máis de 125 millóns de coches conectados no mundo, segundo un estudo de Counterpoint. Especialmente importante isto último ante a obrigatoriedade de instalar o sistema eCall en coches homologados a partir do 1 de abril do pasado 2018.

Estás seguro de que quieres desbloquear este artículo?
Desbloquear izquierda : 0
Estás seguro de que quieres cancelar la suscripción?