A tele reinventase para darche o mellor: Agile TV


Agile TV é unha revolucionaria plataforma que achega unha nova funcionalidade á túa TDT, dándoche acceso desde o televisor ás principais aplicacións que ofrecen os contidos audiovisuais que máis che gustan. Unha TDT enriquecida que che permite construír a tele á túa medida, na que escolles o que ver. Todo dispoñible ao momento para velo unha e outra vez, podendo visualizar os contidos ata en 4 dispositivos diferentes ao mesmo tempo: desde unha Smart TV, ata un móbil ou tableta dixital. Non todas as teles son iguais e estás advertido: á túa non a vas a volver mirar como antes. Con Agile TV dispoñerás de todos os contidos do mellor videoclub, Rakuten TV, para que goces da mellor plataforma de streaming de cinema cunha ampla oferta de calidade con títulos recoñecidos internacionalmente, as series do momento e docus.