A Teleasistencia rexistra 108 novas altas desde a declaración do estado de alarma

1 minutes read

En poucas semanas, a Deputación da Coruña rexistrou 108 novas altas no servizo de Teleasistencia, que a día de hoxe chega xa a preto de 2.600 persoas da provincia da Coruña. Por concellos, Carballo con (9 altas), Valdoviño (7), Arzúa (7), Oleiros (6), Rois (5) e Sada (5) figuran entre os que máis novas altas rexistraron neste período. Os cidadáns e cidadás que teñan máis de 65 anos, vivan sós e residan en calquera concello de menos de 50.000 habitantes (todos agás as grandes cidades) poden solicitar o servizo de forma totalmente gratuita a través dos servizos sociais do seu concello ou informarse no teléfono 900 533 027 e na web da Deputación da Coruña (dacoruna.gal).