Este domingo 15 de maio arranca oficialmente a tempada alta no Parque Nacional marítimo-terrestre das Illas Atlánticas de Galicia, un período que se estenderá ata o vindeiro 15 de setembro e durante o cal será imprescindible contar cunha autorización da Xunta para poder viaxar aos arquipélagos de Cíes e de Ons. Cómpre lembrar que o límite de visitantes diarios establecido durante a tempada alta vén fixado polo Plan reitor de uso e xestión do Parque Nacional, que entrou en vigor en febreiro do ano 2019. Deste xeito, no período que vai do 15 de maio ao 15 de setembro, a capacidade máxima de Cíes é de 1.800 persoas diarias e a de Ons sitúase en 1.300, aínda que adicionalmente tamén se reservan prazas para os visitantes que se aloxen nos campings das respectivas illas así como para veciños e familiares, no caso concreto de Ons.
45