A tempada de pesca fluvial comezará o 21 de marzo e rematará o 31 de xullo

Imaxe de arquivo dunha xornada de pesca no río Anllóns_Cedida

A tempada de pesca para o ano 2021 na Comunidade autónoma galega comezará o 21 de marzo e rematará o 31 de xullo, con carácter xeral. Así se establece na Orde que recolle as normas de pesca nas augas continentais, que acaba de publicar o Diario Oficial de Galicia (DOG). Trátase da orde anual na que se definen as normas xerais de pesca das distintas especies ictícolas nas augas continentais de Galicia, de acordo co previsto no Regulamento de pesca fluvial de Galicia. Tal e como se recolle na resolución publicada, o período hábil para a pesca do salmón irá dende o 1 de maio ata o 31 de xullo, pero poderá adiantarse o remate da temporada en función das cotas de captura. Nos tramos compartidos do río Eo e nos coutos do río Ulla a tempada rematará o 30 de xuño.

Related posts

O Punto Rojo ponse en marcha en Baio con descontos, premios, moita actividade nas rúas e unha ruta de tapas

Rosa Otero recoñecida como Filla Adoptiva da Coruña

Aberto o prazo de inscrición no programa de voluntariado xuvenil da Laracha