Con este programa preténdese axudar ás pequenas empresas e aos autónomos a afrontar o custo da súa factura eléctrica, ao tempo que se incentiva a cultura da eficiencia enerxética entre o tecido empresarial, dotándoo de ferramentas e recursos para que poidan aforrar no consumo enerxético e reducir custos. Os solicitantes poderán acceder a un anticipo de ata o 50% sen necesidade de presentar avais.
Neste sentido, o presidente Rueda puxo en valor que Xunta xa realizou anticipos “por importe de case un millón de euros” para actuacións que van dirixidas a mellora da envolvente a través de elementos de control solar como toldos de cor branco ou negro; iluminación, coa renovación de equipamentos interiores ou exteriores por outros que utilicen tecnoloxía led; a eficiencia enerxética en instalacións eléctricas; equipamentos como a renovación de electrodomésticos ou aparellos por outros de cualificación enerxética B ou superior; climatización ou inmótica, para xestionar a enerxía e o gasto de xeito máis eficiente. Este ano súmanse, ademais, as axudas para asesoramento enerxético.