A rotación do núcleo interno terrestre detívose recentemente segundo unha análise comparada temporal de ondas sísmicas, que suxire unha variación multidecadal para este fenómeno. É a conclusión dun novo estudo publicado en Nature Geoscience por Yi Yang e Xiaodong Song, do Instituto de Xeofísica Teórica e Aplicada da Universidade de Pequín. Crese que a rotación diferencial do núcleo interno da Terra con respecto ao manto prodúcese baixo os efectos da xeodinámica sobre a dinámica do núcleo e o axuste gravitatorio núcleo-manto. Esta rotación deduciuse a partir dos cambios temporais entre ondas sísmicas repetidas que deberían percorrer o mesmo camiño a través do núcleo interno. Para esta nova investigación, Yi Yang e Xiaodong Song analizaron ondas sísmicas repetidas de principios dos anos 90 do século XX e os autores comprobaron que todas as traxectorias que anteriormente mostraban cambios temporais significativos mostraron poucos cambios durante a última década. Este patrón globalmente consistente suxire, segundo conclúen os autores, «que a rotación do núcleo interno terrestre detívose recentemente». Ademais, a investigación matiza que o núcleo terrestre podería empezar a rotar en sentido contrario.
30