A Terra podería esconder no seu interior restos doutro planeta pola colisión que formou a Lúa

Así o suxire un estudo publicado este mércores por un equipo científico multidisciplinar na revista Nature. As súas conclusións están fundamentadas nas simulacións por computadora levadas a cabo nos centros de investigación dos Estados Unidos, China e o Reino Unido.

Segundo a súa formulación, un protoplaneta —unha especie de «embrión» de planeta— coñecido como Theia chocou coa «proto-Terra» (Gaia) fai uns 4.500 millóns de anos, o que daría lugar á formación de distintas rexións no manto terrestre.

Dos restos desta xigantesca colisión formouse a Lúa, mentres que os restos de Theia quedarían enterrados nas profundidades do manto terrestre; aínda que os investigadores advirten de que de momento non hai probas directas da existencia de Theia.

Related posts

O Punto Rojo ponse en marcha en Baio con descontos, premios, moita actividade nas rúas e unha ruta de tapas

Rosa Otero recoñecida como Filla Adoptiva da Coruña

Aberto o prazo de inscrición no programa de voluntariado xuvenil da Laracha