0
Este domingo 10 de setembro, rexistráronse novos movementos de terra na comarca de Bergantiños. Neste caso, o primeiro acontecía ás 9:46 horas, con epicentro no mar pero a carón do cabo da Insua en Laxe. O tremor tivo unha magnitude de 2,2 mbLg na escala Richter. A cousa non quedou ahí, un pouco máis ao Oeste, tamén no mar, case fronte a Camariñas a terra volvía a tremer, neste caso o tremor tivo unha magnitude máis pequena foi de 1,6 mbLg e producíase ás 19:25 horas deste domingo.