A terra tremeu este sábado na Mata, en Cabana de Bergantiños

Están a ser moi frecuentes os tremores de terra ao noroeste da provincia da Coruña, sobretodo con epicentro no Océano Atlántico. Pero este sábado a cousa mudou, preto das sete da tarde un pequeno sismo magnitude 2 sacudía a localidade de A Mata no Concello de Cabana de Bergantiños. Segundo informa o Instituto Geográfico Nacional o sismo foi a 6 quilómetros de profundidade sen que trascendese máis información, nin se coñeza ningún tipo de dano material nin persoal, polo momento. Isto demostra que a actividade sísmica segue movendo a Costa da Morte, aínda que por sorte de xeito bastante feble.

Related posts

O Punto Rojo ponse en marcha en Baio con descontos, premios, moita actividade nas rúas e unha ruta de tapas

Rosa Otero recoñecida como Filla Adoptiva da Coruña

Aberto o prazo de inscrición no programa de voluntariado xuvenil da Laracha