A tormenta Bela, cos seus vendavais e fortes choivas, asolagaron diferentes rexións do sur de Inglaterra en Bedfordshire, Gloucestershire e South Norfolk. Máis de 1.300 fogares foron evacuados. A policía advirte dunha situación grave ao longo do río Great Ouse. Non ocorría algo así desde hai décadas. É incrible o rápido que sucedeu todo. Non me gustaría verme no medio do torrente» dicía unha testemuña das inundacións causadas por un temporal, cuxas operacións de evacuación víronse dificultadas polas datas do Nadal e as restricións ligadas á pandemia de coronavirus.