A toxina ataca ao longueirón e á navalla en Corcubión e Fisterra


Os mergulladores que se dedican ao longueirón e á navalla en Corcubión e Fisterra están indignados polo peche cautelar da súa área de traballo tras detectarse elevados niveis de toxina nalgunhas especies. A consecuencia do peche tiráronlle as capturas deste martes. Piden que se axilicen os protocolos para poder aproveitalas e non perder días de traballo por unha toxina que segundo as súas mostraxes non lles afecta. Quéixanse ademais de que a lentitude dos protocolos propicia a mortaldade das capturas e que non se aproveiten para repoboar. As perdas do paro para este colectivo ascenden a uns 4.000 euros por día.