A toxina obriga a novos peches en Ferrolterra

A toxina lipofílica obrigou a pechar temporalmente as bateas da ría de Ares e a do porto exterior de Ferrol.

Estará pechada polo menos unha semana, que será cando obteñan os resultados da nova analítica.

Un peche que está a afectar uns corenta mariscadores, de embarcación e a pé, das confrarías de Ferrol e Barallobre que, desde mediados de xaneiro teñen que levar o produto capturado depurar á batea do porto exterior de Ferrol.

Agora, a apertura da zona do Couto vai depender, segundo os expertos, da climatoloxía, sobre todo do vento, e tamén das correntes.

Related posts

O Punto Rojo ponse en marcha en Baio con descontos, premios, moita actividade nas rúas e unha ruta de tapas

Rosa Otero recoñecida como Filla Adoptiva da Coruña

Aberto o prazo de inscrición no programa de voluntariado xuvenil da Laracha