A tradicional Regata Rías Altas chegou a Malpica

Mirfak_Concello de Malpica.

O “Mirfak”, o 40 piés da Comisión Naval de Regatas de Ferrol, patroneado por Diego López, entrou no porto de Malpica de Bergantiños ás 18.56 horas da tarde deste venres. Era o primeiro barco que o facía en tempo real na primeira etapa da 49 Regata “Rías Altas”, que tivo a saída pasadas as dúas da tarde desde A Coruña.

O barco da Armada encabeza tamén a clasificación provisional en ORC 1, seguido do “Urbapaz”, de Fran Edreira (Náutico de Cabanas) e do “Eleko Mambo”, do mesmo Club e patroneado por Carlos Sampedro.

En ORC 2 o “Golfiño” de Jose Naya (Náutico Ría de Ares, encabeza a lista do día, mentres que en ORC 2 Víctor Carrión co “Bon 3” (Punta Lagoa) é o primeiro. “A María”, de Carolina Martínez, ocupa a segunda praza; terceiro é o “RaygrasIII”, de Ton Núñez (Carrumeiro) e cuarto, “Sadamar-Alma do Mar”, de Nito Enríquez, do Náutico de Cabanas. 

Os participantes da XLIX Regata Rías Altas foron recibidos pola concelleira de Promoción Económica Pilar Doldán e pola concelleira de Deportes Noelia Freijeiro.  Despois da recepción as concelleiras entregaron os respectivos premios ós deportistas das tres categorías. 

A segunda etapa Malpica de Bergantiños-Ferrol, con 23 millas de percorrido, sae este sábado do porto de Malpica.