A transferencia da AP-9 e a rebaixa das peaxes chegará á sesión de control do Parlamento

1 minutes read

O viceportavoz do Grupo Socialista, Pablo Arangüena, explicou que os socialistas centrarán a sesión de control ao presidente do próximo Pleno do Parlamento na transferencia da AP-9 a Galicia e da rebaixa das peaxes. Así o explicou logo da Xunta de Portavoces que fixou a orde do día do Pleno no que se celebrará o debate final da Lei de Saúde que chega con serias dúbidas sobre a súa constitucionalidade.

Arangüena sinalou que o portavoz socialista, Gonzalo Caballero, será o encargado de interpelar a Feijóo logo de que o actual goberno incluíra 63 millóns de euros nos Orzamentos Xerais do Estado para bonificar as peaxes e de que o Congreso admitira a trámite o debate da transferencia da infraestrutura a Galicia.