A TVG entre as 14 televisións investigadas por presunta fraude no caso «La Rueda»

1 minutes read

O xuíz da Audiencia Nacional Ismael Moreno acordou imputar a 14 televisións entre os que se atopan as principais cadeas, no procedemento de “La Rueda” no que se investiga a suposta fraude polo que obtiñan ingresos millonarios polos dereitos de autor de cancións emitidas en programas nocturnos. O maxistrado atribúelles un delito de corrupción nos negocios cometido por medio de organización e/ou grupo criminal.

As investigadas, ás que o maxistrado lles dá un prazo de cinco días para que comparezan na causa, son as televisións privadas Atresmedia e Mediaset, e as públicas RTVE, Canal Sur e TV de Estremadura, Asturias, TVG, Aragón, Baleares, a vasca EITB, Telemadrid, a televisión pública de Canarias, de Castela e León e de Castela-A Mancha. A Fiscalía da Audiencia Nacional presentou unha denuncia en 2016 por mor de denuncias formuladas por distintas asociacións e socios da Sociedade Xeral de Autores e Editores (SGAE) que descubrían que un grupo de socios da SGAE levaban 10 anos rexistrando e/ou modificando cancións de forma irregular.

O xuíz da Audiencia Nacional, Ismael Moreno chama a declarar tanto a responsables da SGAE como desas catorce televisións. Cre que a fraude non se puido cometer sen o seu consentimento.