A UAD de Carballo conta de novo co apoio da Deputación da Coruña

A Deputación da Coruña contribúe este no con 30.000 euros ao mantemento da Unidade Asistencial de Drogodependencias de Carballo, un servizo que atende a toda a Costa da Morte e que leva 25 anos funcionando, os últimos sete co apoio da Deputación.

O presidente en funcións da Deputación da Coruña, Valentín González Formoso, e o alcalde de Carballo, Evencio Ferrero, asinaron este venres o convenio polo que a institución provincial se compromete a colaborar durante 2019 no financiamento da Unidade Asistencial de Drogodependencias que, con sede en Carballo, atende aos concellos de Camariñas, Fisterra, Malpica, Cee, Laracha, Muxía, Ponteceso, Coristanco, Laxe, Cabana, Vimianzo, Zas, Corcubión e Dumbría.

O acordo contempla que a Deputación achega un total de 30.000 euros para o financiamento dun servizo que ten un orzamento anual de 237.000 € e que funciona desde 1994, con actividade asistencial desde o ano seguinte.

A Unidade Asistencial de Drogodependencias de Carballo ofrece servizos de asistencia, prevención de consumo de menos risco, incorporación social, documentación e investigación, docencia e coordinación con outros servizos sanitarios e sociais. O balance do último ano de funcionamento indica que, en 2018, o número de demandas de tratamento por substancias legais (alcol e tabaco) representa un 61,4%, duplica o número das realizadas por substancias ilegais 35%.

Related posts

O Punto Rojo ponse en marcha en Baio con descontos, premios, moita actividade nas rúas e unha ruta de tapas

Rosa Otero recoñecida como Filla Adoptiva da Coruña

Aberto o prazo de inscrición no programa de voluntariado xuvenil da Laracha