A UE abre a porta a impulsar a produción de microchips con axudas públicas

A Comisión Europea abriu a porta a que se poidan conceder axudas de estado destinadas a impulsar a produción de semiconductores. A idea é facer fronte á escaseza de microchips, un problema que está afectado seriamente a sectores como o da automoción. Pero a comisaria europea de Competencia deixou claro que estudará caso por caso para evitar discriminacións a nivel comunitario. A Comisión trata asi de atopar un equilibrio entre países como Francia ou Alemaña que pedían eliminar totalmente as restricións ás subvencións para facer fronte á competencia chinesa e estadounidense. E outros como Holanda e Dinamarca que se opoñen ás axudas de estado.

Related posts

O Punto Rojo ponse en marcha en Baio con descontos, premios, moita actividade nas rúas e unha ruta de tapas

Rosa Otero recoñecida como Filla Adoptiva da Coruña

Aberto o prazo de inscrición no programa de voluntariado xuvenil da Laracha