A UE abre a porta ao debate sobre a vacinación obrigatoria


A presidenta da Comisión Europea expón a necesidade dun debate sobre a obrigatoriedade de vacinarse fronte á COVID-19. Con menos do 70% da poboación do bloque inmunizada, Ursula Von Der Layen considera que hai que facer avances: «É comprensible e apropiado encabezar este debate agora. É necesario discutir como podemos fomentar e pensar potencialmente na vacinación obrigatoria dentro da Unión Europea. Fai falta un enfoque común, pero é unha discusión que creo que hai que ter».

A partir de febreiro a vacina será obrigatoria en Austria con penas de ata 7.200 euros para as persoas que a rexeiten. O país ampliou o confinamento da poboación, aínda que con excepcións, ata o 12 de decembro polo repunte da pandemia.

O próximo chanceler alemán, Olaf Scholz, tamén é partidario de que toda a poboación deba inmunizarse contra o coronavirus desde febreiro. Grecia anunciou que os maiores de sesenta deberán ter a pauta completa con sancións de 100 euros para quen non o fagan.
Ursula von der Leyen xa pedira aos 27 que acelerasen o ritmo de vacinación ante a baixa taxa de inmunizados e a ameaza que supón a variantes ómicron do coronavirus.