A UE abre as súas fronteiras a 14 países; EEUU, Brasil e Rusia quedan fóra

A Unión Europea (UE) abre as súas fronteiras exteriores, pechadas desde mediados de marzo pola crise de coronavirus, a 15 países considerados «seguros», entre os que figura China. O país está suxeito, iso si, ao principio de reciprocidad cos cidadáns europeos. A UE manterá pechadas as súas fronteiras a EEUU, Brasil e Rusia pola pandemia de COVID-19. Os Estados membros aprobaron por maioría cualificada este martes esa lista inicial, que irá revisándose cada dúas semanas en función da evolución da pandemia. Na listaxe dos países «seguros», cuxos nacionais poderán viaxar á UE, figuran Australia, Alxeria, Canadá, China, Corea do Sur, Xeorxia, Xapón, Marrocos, Montenegro, Nova Zelandia, Serbia, Tailandia, Tunes, Uruguai e Ruanda. Destácase, en consecuencia que só un país latinoaméricano, Uruguai ten luz verde.

Related posts

O Punto Rojo ponse en marcha en Baio con descontos, premios, moita actividade nas rúas e unha ruta de tapas

Rosa Otero recoñecida como Filla Adoptiva da Coruña

Aberto o prazo de inscrición no programa de voluntariado xuvenil da Laracha