A UE acorda abrir as negociacións de adhesión con Ucraína e Moldavia

Luz verde dos Vinte e sete a abrir as negociacións de adhesión ao bloque para Ucraína e Moldavia. Os líderes europeos atópanse reunidos en Bruxelas nun cume europeo que empezou este xoves pola mañá e que podería estenderse ata a fin de semana. Todos os países votaron a favor menos Hungría, que xa avisara que non compartía a opinión maioritaria sobre Ucraína. «A posición de Hungría é clara: Ucraína non está preparada para iniciar negociacións sobre a súa adhesión á UE», dixo Víktor Orbán, primeiro ministro de Hungría nun vídeo publicado en Facebook pouco despois de coñecerse a noticia. Ademais, o Consello Europeo deu o status de candidato a Xeorxia, outro dos países na fila para formar parte da UE. Tamén anunciou que abrirá as negociacións con Bosnia e Hercegovina cando se alcance «grao necesario de cumprimento dos criterios de adhesión e convidou á Comisión para informar antes de marzo con vistas a tomar tal decisión». O presidente do Consello Europeo, Charles Michel, anunciou a medida nun chío a media tarde deste xoves. 

Related posts

O Punto Rojo ponse en marcha en Baio con descontos, premios, moita actividade nas rúas e unha ruta de tapas

Rosa Otero recoñecida como Filla Adoptiva da Coruña

Aberto o prazo de inscrición no programa de voluntariado xuvenil da Laracha