A UE acorda crear un fondo de recuperación polo COVID-19

Foto.- UE.

Os líderes da Unión Europea encargaron á Comisión Europea que presente unha proposta para poñer en marcha un fondo de recuperación ligado ao futuro orzamento comunitario. A presidenta da Comisión Europea, Ursula von der Leyen, asegurou que a súa intención é incrementar a potencia do orzamento comunitario para así conseguir financiamento no mercado e trasladala despois aos Estados membros.

Explicou que se encargou á Comisión «analizar as necesidades exactas» para financiar a recuperación e «presentar urxentemente unha proposta proporcional ao reto» que afronta a UE e que clarifique cal será o vínculo entre o novo fondo de recuperación e o orzamento pluarianual da UE para 2021-2027: «Para nós é importante que lembremos que neste momento se se toman todas as medidas dos Estados membros e as institucións europeas, 3.3 billóns puxéronse en marcha agora para estabilizar a nosa economía europea. Por tanto, temos tempo agora para traballar intensamente nunha nova proposta para un novo orzamento europeo encabezado por un programa de recuperación. Pero, por suposto, estamos dispostos a unir solucións»

O paquete de axuda dirixirase aos sectores e áreas xeográficas máis afectadas.

Non se pactaron os detalles nin a contía do plan de relanzamento da economía tras a pandemia de coronavirus.

No ronsel que comparten España, Portugal e Italia o presidente de Francia Emmanuel Macron recalcou que todos os estados dependen de todos: _»O mercado único é un bloque, é un todo, e o mercado único hoxe beneficia a algúns estados ou a algunhas rexións, que son as máis produtivas de Europa, porque producen bens que poden vender noutras rexións. Se abandonamos a esas rexións, se abandonamos a unha parte de Europa, será toda Europa a que caerá».

O Executivo comunitario, asegura que , «traballará o máis rápido posible» co obxectivo de que tanto a proposta para o fondo estea listasen a «segunda ou terceira semana de maio», tras o cal será necesaria outra cume de líderes para avalialas.



Related posts

O Punto Rojo ponse en marcha en Baio con descontos, premios, moita actividade nas rúas e unha ruta de tapas

Rosa Otero recoñecida como Filla Adoptiva da Coruña

Aberto o prazo de inscrición no programa de voluntariado xuvenil da Laracha