O Comité de Representantes Permanentes da UE chegou a un acordo para convidar á Comisión Europea a presentar un ditame sobre as solicitudes de adhesión presentadas por Ucraína, Xeorxia e Moldavia. Segundo informou a presidencia francesa da Unión na súa conta oficial de Twitter, os Vinte e sete pediron este luns á Comisión que dea o primeiro paso nese camiño, elaborando o informe necesario para decidir se os países da UE conceden a Ucraína, Moldavia e Xeorxia o status de país candidato. Cando Bruxelas termine a súa valoración, os países da UE deberán aprobalo por unanimidade e só entonces poderían empezar as negociacións de adhesión. O presidente de Ucraína, Volodímir Zelenski, asinou a petición de adhesión ao bloque comunitario a semana pasada, como parte da resposta á invasión que Rusia iniciou o 24 de febreiro. Moldavia e Xeorxia seguiron os seus pasos acto seguido, ante o temor a Moscova. A día de hoxe Turquía, Serbia e Montenegro están en negociacións con Bruxelas para entrar no club comunitario e Albania e Macedonia do Norte obtiveron o status de países candidatos.
33