A Comisión Europea abriu unha nova fronte contra Apple. Acusou á compañía de abusar da súa posición dominante para distorsionar a competencia no sector da música en continuo ou “streaming”. Supostamente, Apple está a obrigar aos desarrolladores de aplicacións musicais a utilizar a App Store para que os usuarios poidan descargarse as aplicacións e cóbralles unha comisión do 30% por cada subscrición conseguida. A aplicación de música en continuo Spotify denunciou o caso, pero afecta a outras empresas.
Apple nega todas as acusacións e mesmo asegura que a compañía xogou un papel importante no desenvolvemento de Spotify. Así o defendeu nun comunicado.
Fai catro anos, a Comisión Europea xa multou a Apple con 14.000 millóns de euros por obter beneficios fiscais ilegais en Irlanda. Agora podería enfrontarse a unha nova multa e verse obrigada a cambiar as súas políticas.