Os problemas de liquidez de Exipto unido á situación dos países veciños e unha posible chegada en masa de inmigrantes da zona de Gaza son os motivos polos que a Unión Europea acordou este paquete de axudas que irían na liña de crear unha ponte humanitaria no país.
Está previsto que o paquete se asine durante unha visita da Presidenta da Comisión Europea, Ursula von der Leyen, e os líderes de Bélxica, Italia, Austria, Chipre e Grecia, segundo funcionarios exipcios.
O paquete inclúe tanto subvencións como préstamos durante os próximos tres anos para o país máis poboado do mundo árabe, segundo a Misión da Unión Europea no Cairo.
Segundo un documento da misión da UE en Exipto, ambas as partes elevaron a súa cooperación ao nivel de “asociación estratéxica e global”, achandando o camiño para ampliar a cooperación Exipto-UE en diversos ámbitos económicos e non económicos.
A UE prestará axuda ao goberno exipcio para fortificar as súas fronteiras, especialmente con Libia, importante punto de tránsito de emigrantes que foxen da pobreza e os conflitos en África e Oriente Medio, e apoiará ao goberno na acollida de sudaneses que fuxiron de case un ano de combates entre xenerais rivais no seu país.