Os ministros de Exteriores da Unión Europea acordaron este luns crear unha ambiciosa misión de apoio a Ucraína: o adestramento de quince mil dos seus soldados en varios países comunitarios. Hungría é o único país da UE que se mantén ao carón e non participará como explicou o seu ministro de Exteriores Péter Szijjártó. Os representantes dos 27, reunidos en Luxemburgo, tamén aprobaron a concesión a Kiev dun novo paquete de 500 millóns de euros para armamento. Por tanto, a axuda total do Fondo Europeo de Apoio á Paz para Ucraína suma agora 3.100 millóns de euros. Alemaña, España e Francia, xa empezaron a adestrar aos soldados ucraínos. Estonia, Letonia e Lituania reclamaron, pola súa banda, a creación dun tribunal especial para xulgar aos dirixentes do Kremlin que ordenaron a invasión do país veciño.
19