A UE autoriza a vacina de AstraZeneca contra a covid

1 minutes read

A farmacéutica AstraZeneca volve ser protagonista na guerra das vacinas. A Unión Europea autoriza o seu tratamento para inmunizar contra a Covid-19 no mesmo día en que publica o polémico contrato para adquirir millóns de doses. Un documento, iso si, amplamente censurado. A vacina de AstraZeneca será a terceira dispoñible contra a covid na Unión Europea para persoas maiores de 18 anos. Tras a autorización do preparado de AstraZeneca, cuxa eficacia chegou a ser do 90% nuns ensaios nos que se utilizou unha dosificación errónea, a UE conta con tres vacúas para buscar a inmunidade fronte á pandemia. As de Pfizer/ BioNTech e Moderna foron aprobadas o pasado 21 de decembro e o 6 de xaneiro, respectivamente.