O alto representante da UE para Asuntos Exteriores, o español Josep Borrell, pediu o “fin inmediato da violencia actual na rexión” e subliñou que, aínda que Israel “ten dereito a defenderse”, toda resposta debe ser “proporcionada”. “Debe facerse todo o posible para evitar que o conflito se estenda. Instamos a todas as partes a que actúen coa máxima moderación, eviten unha nova escalada e promovan a calma durante as festas relixiosas en curso”, sinalou Borrell nun comunicado. Este foi o inicio de ano máis mortífero no marco do conflito palestino-israelí desde o 2000. Nos poucos/pouos máis de tres meses desde o inicio de 2023, 18 persoas morreron en ataques cometidos por parte de palestinos ou árabes-israelís, mentres que 93 palestinos morreron en incidentes violentos de distinta índole con Israel.
0