A UE condena a escalada de violencia en Israel e Palestina

O alto representante da UE para Asuntos Exteriores, o español Josep Borrell, pediu o «fin inmediato da violencia actual na rexión» e subliñou que, aínda que Israel «ten dereito a defenderse», toda resposta debe ser «proporcionada». «Debe facerse todo o posible para evitar que o conflito se estenda. Instamos a todas as partes a que actúen coa máxima moderación, eviten unha nova escalada e promovan a calma durante as festas relixiosas en curso», sinalou Borrell nun comunicado. Este foi o inicio de ano máis mortífero no marco do conflito palestino-israelí desde o 2000. Nos poucos/pouos máis de tres meses desde o inicio de 2023, 18 persoas morreron en ataques cometidos por parte de palestinos ou árabes-israelís, mentres que 93 palestinos morreron en incidentes violentos de distinta índole con Israel. 

Related posts

O Punto Rojo ponse en marcha en Baio con descontos, premios, moita actividade nas rúas e unha ruta de tapas

Rosa Otero recoñecida como Filla Adoptiva da Coruña

Aberto o prazo de inscrición no programa de voluntariado xuvenil da Laracha