A UE dá un novo impulso financeiro á loita contra o cancro

Coa pandemia, baixouse a garda na loita contra outras batallas como o cancro. Por iso, a Unión Europea decidiu darlle un impulso financeiro a través do plan «Vencer ao Cancro». Con el investiranse 4.000 millóns de euros para abordar a prevención, o diagnóstico, o tratamento e a rehabilitación dos pacientes. O plan subliña que máis do 40% dos cancros son prevenibles, polo que haberá novas propostas lexislativas para reducir algúns hábitos como o consumo de tabaco. A Comisión Europea admitiu que a pandemia de Covid afectou significativamente á resposta de diagnóstico e tratamento do cancro, polo que desenvolverá un plan de continxencia para que non volva repetirse e para responder a eventos similares no futuro.

Related posts

O Punto Rojo ponse en marcha en Baio con descontos, premios, moita actividade nas rúas e unha ruta de tapas

Rosa Otero recoñecida como Filla Adoptiva da Coruña

Aberto o prazo de inscrición no programa de voluntariado xuvenil da Laracha