A UE e EEUU poñen fin á disputa comercial entre Boeing e Airbus


Estados Unidos e a Unión Europea enterraron este martes o conflito polos subsidios ás aerolíneas Boeing e Airbus tras 17 anos de disputas.“O acordo ao que chegamos agora realmente abre un novo capítulo na nosa relación porque pasamos do litixio á cooperación en aviación e iso despois de case 20 anos de disputas. É a disputa comercial máis longa na historia da OMC”, segundo palabras da presidenta da Comisión Europea, Ursula von der Leyen, na rolda de prensa posterior.

“Estados Unidos está de volta. Estamos comprometidos e nunca nos fomos do todo. Pero reafirmamos o feito de que é de gran interese para os Estados Unidos ter unha excelente relación coa OTAN e coa UE. Teño unha forma de ver as cousas distinta á do meu predecesor”, asegurou Joe Biden, presidente dos Estados Unidos.

Claramente os últimos anos non foron fáciles. O mundo cambiou drasticamente, Europa cambiou. Pero queremos asegurarlles que somos amigos e aliados, e estamos ansiosos por traballar xuntos”, explicou von der Leyen.