37
Todo nace da presión política exercida dun grupo de dez países liderados por Francia. Insisten que non se pode prescindir da nuclear nun contexto como o actual, coa factura da luz disparada. Deste xeito, Bruxelas facilitaría os investimentos do sistema financeiro nesta enerxía, pero tamén no gas. A UE defende que o continente necesitará a nuclear durante a transición ecolóxica ás renovables, para non depender dos hidrocarburos e o carbón. Porque é barata e non emite CO2.