A UE lanzará unha misión militar de protección de mercantes no Mar Rojo

1 minutes read

Esténdense as consecuencias da Guerra de Israel sobre Gaza. Os efectos chegan ao Mar Rojo onde a Unión Europea vai poñer en pé unha misión naval con buques da armada de varios dos estados membro. Segundo o responsable de política exterior da UE, Josep Borrell, a operación estará en marcha o 17 de febreiro. O obxectivo oficial é “protexer os buques mercantes”. 

Borrell subliña que tratarán de “previr” ou “bloquear ataques”, sen “intervir en ningún tipo de acción contra os hutíes”. “A todos nos preocupa o tráfico cara á canle (de Suez). 

Moitas empresas europeas pídennolo porque os seus modelos de negocio sofren moito polo alto aumento de custos e ter que baixar a Sudáfrica e facer toda a xira ata Europa. Está a afectar os custos. Por tanto, está a afectar os prezos e, por tanto, está a afectar a inflación. Por tanto, é un esforzo natural para nós tratar de evitar este risco”, concluíu.

Estás seguro de que quieres desbloquear este artículo?
Desbloquear izquierda : 0
Estás seguro de que quieres cancelar la suscripción?