A UE lanzará unha misión militar de protección de mercantes no Mar Rojo

Esténdense as consecuencias da Guerra de Israel sobre Gaza. Os efectos chegan ao Mar Rojo onde a Unión Europea vai poñer en pé unha misión naval con buques da armada de varios dos estados membro. Segundo o responsable de política exterior da UE, Josep Borrell, a operación estará en marcha o 17 de febreiro. O obxectivo oficial é «protexer os buques mercantes». 

Borrell subliña que tratarán de «previr» ou «bloquear ataques», sen «intervir en ningún tipo de acción contra os hutíes». «A todos nos preocupa o tráfico cara á canle (de Suez). 

Moitas empresas europeas pídennolo porque os seus modelos de negocio sofren moito polo alto aumento de custos e ter que baixar a Sudáfrica e facer toda a xira ata Europa. Está a afectar os custos. Por tanto, está a afectar os prezos e, por tanto, está a afectar a inflación. Por tanto, é un esforzo natural para nós tratar de evitar este risco», concluíu.

Related posts

O Punto Rojo ponse en marcha en Baio con descontos, premios, moita actividade nas rúas e unha ruta de tapas

Rosa Otero recoñecida como Filla Adoptiva da Coruña

Aberto o prazo de inscrición no programa de voluntariado xuvenil da Laracha