Os líderes da Unión Europea reúnense nun cume informal en Versalles para debater como reforzar o apoio político e moral a Ucraína fronte á invasión rusa, así como abordar a adhesión de Ucraína ao bloque e analizar diferentes formas para reducir a súa dependencia enerxética de Rusia. Os Vinte e sete están a estudar a solicitude de Ucraína para adherirse á UE, un proceso que adoita tardar anos e sobre o que de momento hai discrepancias. Segundo fontes do Goberno, o presidente francés, Emmanuel Macron, mostrouse contrario á entrada dun país en guerra no club e varios países non están a favor de acelerar o proceso. Os líderes da Unión Europea tamén avanzan sobre como desengancharse progresivamente do gas, o carbón e o petróleo ruso.
42