A UE non permitirá exportacións a AstraZeneca ata que cumpra co reparto contratado

As previsións do Ministerio de Sanidade poderían variar. A Unión Europea non vai permitir a exportación das vacinas de AstraZeneca mentres non se cubran as cantidades de subministración asinadas nos contratos. As autoridades comunitarias aseguran que mentres a farmacéutica non cumpra coas súas obrigas todo o que se produza en chan europeo será distribuído aos europeos. AstraZeneca comprometera 70 millóns de doses para o segundo semestre, pero polo momento só cubriu o 30 por cento desa cifra, mentres que si cumpriu co 100% da subministración comprometida co Reino Unido.

Related posts

O Punto Rojo ponse en marcha en Baio con descontos, premios, moita actividade nas rúas e unha ruta de tapas

Rosa Otero recoñecida como Filla Adoptiva da Coruña

Aberto o prazo de inscrición no programa de voluntariado xuvenil da Laracha