A UE non recoñece a Lukashenko como presidente de Bielorrusia

O xefe da diplomacia europea sinalou, vía Twitter, que as eleccións presidenciais, do 9 de agosto, «non foron libres nin xustas». Josep Borrell di que a toma de posesión do 23 de setembro e o novo mandato reclamado por Lukashenko «carecen de lexitimidade democrática». Unhas horas antes, o presidente polaco, Andrzej Duda, instaba a todos a «falar cunha soa voz e esixir que se respecten os dereitos humanos fundamentais, tanto en Bielorrusia como noutros lugares do mundo». «A represión de opositores políticos, as detencións masivas de manifestantes pacíficos ou a violencia e a tortura non se poden tolerar en ningún estado», dicía Duda.

Related posts

O Punto Rojo ponse en marcha en Baio con descontos, premios, moita actividade nas rúas e unha ruta de tapas

Rosa Otero recoñecida como Filla Adoptiva da Coruña

Aberto o prazo de inscrición no programa de voluntariado xuvenil da Laracha