A UE non renegociará o protocolo de Irlanda do Norte


O protocolo de Irlanda do Norte volve ser motivo de disputa entre Reino Unido e a Unión Europea. O Primeiro Ministro británico, Boris Johnson, desafiou a Bruxelas cunha lei que incumpre o pacto do Brexit, que entre outras medidas prevé eliminar a xurisdición do TXUE sobre as disputas referidas a Irlanda do Norte, cedendo ás presións do á dura do Partido Conservador. A UE reactivou a vía xudicial contra Reino Unido e valora iniciar outros procedementos de infracción que poderían incluír a imposición de multas contra o Reino Unido por parte do Tribunal de Xustiza da Unión Europea (TXUE). Tras unha reunión telefónica co Vicepresidente da Comisión Europea para Relacións Interinstitucionais, a Ministra de Exteriores de Reino Unido dixo que “a UE debe estar disposta a cambiar o protocolo”, ao que se nega en redondo o club comunitario. A Comisión Europea considera reactivar o expediente que abriu contra Londres o ano pasado, cando se revelaron por primeira vez os seus plans para eludir o protocolo, e advirte de represalias se o país procede coa tramitación da lei.