A UE pecha acordo con Pfizer e Biontech para a subministración das vacinas da covid

Afirman que esperan dar un paso clave para concretar os detalles do contrato e que os estados membros poidan adquirir ata 300 millóns de doses da vacina contra a covid-19.

Despois de que a Comisión peche ese contrato, serán os estados os que movan ficha e confirmen se participan no acordo e cantas doses da vacina queren comprar. España xa avanzou que agarda adquirir 20 millóns.

Sobre outra vacina, a rusa, o equipo que a desenvolveu asegura que ten unha efectividade do 92%. Unha porcentaxe superior á da vacina de Pfizer.

Unhas novas esperanzadoras nuns días en que o coronavirus se estende por Europa. A situación máis preocupante, a de Italia, que este martes rexistrou o maior número de falecementos nun só día desde mediados de marzo.

Related posts

O Punto Rojo ponse en marcha en Baio con descontos, premios, moita actividade nas rúas e unha ruta de tapas

Rosa Otero recoñecida como Filla Adoptiva da Coruña

Aberto o prazo de inscrición no programa de voluntariado xuvenil da Laracha