A UE pecha o seu espazo aéreo con Bielorrusia


Os líderes da UE aproban novas sancións a Bielorrusia tras o desvío do voo no que viaxaba o xornalista Román Protasevich. Acordaron prohibir o espazo aéreo comunitario ás compañías bielorrusas, aterrar en aeroportos da UE; e piden ás aerolíneas europeas que eviten sobrevoar ese país. Impoñerán ademais máis sancións contra o réxime.

Bruxelas esixe a liberación inmediata do xornalista e da súa noiva a estudante rusa Sofía Sapega, que estaría retida no centro de reclusión de Okréstina en Minsk onde decenas de manifestantes e disidentes foron vítimas de abusos e torturas. A nai do mozo informou a varios medios de que recibira unha chamada de que o seu fillo fora hospitalizado debido a un problema cardíaco.

Mentres, a televisión pública bielorrusa publicou un vídeo do xornalista disidente afirmando que se atopa con boa saúde, que colabora coa investigación e que se considera culpable de organizar disturbios masivos. O mozo exdirector da canle de Telegram Nexta, a principal fonte de información das protestas antigubernamentales podería ser condenado a 15 anos de cárcere.

O Consello Europeo condena enerxicamente a aterraxe forzosa dun voo de Ryanair en Minsk (Belarús) o 23 de maio de 2021, que pon en perigo a seguridade da aviación, así como a detención polas autoridades bielorrusas do xornalista Raman Pratasevich e de Sofia Sapega.