A UE prepara o seu sétimo paquete de sancións contra Rusia


A Unión Europea está a traballar no seu sétimo paquete de sancións contra Rusia, tras o anuncio do presidente Putin de que apoiará catro referendos ilegais en Ucraína. Problemente, esta nova quenda centrarase en sectores concretos como a aviación e a prohibición de tecnoloxías importantes para a industria rusa. Tamén se incluirá a moitos cidadáns deste país. Na Asemblea Xeral de Nacións Unidas, o xefe da diplomacia europea Josep Borrell acusou a Rusia de provocar unha recesión e unha crises alimentaria mundiais. Ademais das sancións, anunciou que a Unión Europea apoiará á Corte Penal Internacional para que garanta xustiza así como a rendición de contas do réxime ruso.