A UE prepárase ante o aumento dos ciberataques

Os ciberataques multiplicáronse. Os delitos provocados por programas de chantaxe ou o roubo de datos volvéronse comúns e a espionaxe industrial tamén se está volvendo máis tecnolóxica. Para defender Europa, houbo varias propostas como a creación dun escudo dixital europeo e Emmanuel Macron cre que os datos das empresas europeas deben permanecer en servidores europeos. Pero é realmente posible?. Segundo expertos este proxecto poderíase retardar en Europa onde non existen xigantes tecnolóxicos como Google ou Alibaba xa que incumprirían a normativa europea de competencia. A falta deste tipo de empresas deixa a Europa a mercé de países máis agresivos como China ou Estados Unidos.

Related posts

O Punto Rojo ponse en marcha en Baio con descontos, premios, moita actividade nas rúas e unha ruta de tapas

Rosa Otero recoñecida como Filla Adoptiva da Coruña

Aberto o prazo de inscrición no programa de voluntariado xuvenil da Laracha