A UE prescindirá de AstraZeneca a partir de xuño en beneficio de Pfizer


Trátase dunha decisión da Unión Europea anunciada este domingo polo comisario de Mercado Interior, Thierry Breton. Estaba previsto que esta empresa farmacéutica entregase 120 millóns de doses aos 27 Estados membros neste primeiro semestre e só repartiu 30 millóns. A todo isto únense os casos de tromboses, que contribúen a adoptar esta decisión. Fontes comunitarias non oficiais indican que probablemente a vacina de Janssen corra a mesma sorte. A Unión Europea cambia substancialmente de estratexia e tende a relegar as vacinas con adenoviris, causantes dos trombos detectados, para primar as baseadas no ANR mensaxeiro; é dicir, a de Pfizer e, máis secundariamente, a de Moderna. A presidenta da Comisión Europea, Ursula von der Leyen, anunciaba a compra de ata 1.800 millóns de doses de Pfizer para o período 2021-2023. En principio, a adquisición será de 900 millóns, ampliable a outros 900 millóns en función da evolución da pandemia.