A Unión Europea vai aprobar un novo contrato para asegurar a compra doutra vacina contra o coronavirus. O acordo contempla comprar ata 160 millóns de doses do medicamento producido por Moderna. Cada Estado membro recibiraa ao mesmo tempo e de forma prorrateada, segundo o plan disposto polas autoridades comunitarias.
«Aínda que as restricións axudan a frear a propagación do coronavirus, nesta situación tan difícil, todos sabemos que soamente unha vacina segura e eficaz pode proporcionar unha solución duradeira e sostible a esta pandemia», declara Ursula von der Leyen, presidenta da Comisión Europea.
A Unión Europea xestiona a pandemia coa esperanza de crear un informe completo sobre o virus no mundo. Ademais de asegurar as vacinas para os países do bloque comunitario, a UE quere cerciorarse de que todo o mundo teña acceso a elas.