A UE pretende reducir o consumo de gas natural un 15%

Os 27 estados membros da Unión Europea puxéronse en marcha para conseguir reducir o consumo de gas ruso de aquí ata o 31 de marzo do ano que vén. Un plan acordado hai dúas semanas para preparar á UE para un posible corte do gas por parte de Rusia. A presidenta da Comisión Europea, Ursula von der Leyen, advertiu a semana pasada que Europa debe prepararse para a «peor situación» en relación con Rusia e o control da súa produción de gas. Segundo a Comisión Europea, hai que aforrar un total de 45.000 millóns de metros cúbicos de gas para alcanzar o obxectivo no próximos sete meses. Alemaña que consome o 40% do gas ruso que importa a Unión Europea tería que prescindir duns 10.000 millóns de metros cúbicos.

Related posts

O Punto Rojo ponse en marcha en Baio con descontos, premios, moita actividade nas rúas e unha ruta de tapas

Rosa Otero recoñecida como Filla Adoptiva da Coruña

Aberto o prazo de inscrición no programa de voluntariado xuvenil da Laracha