38
Este venres, a Unión Europea (UE) aprobou formalmente prohibir a todas as aerolíneas bielorrusas utilizar o espazo aéreo comunitario e aterrar nos seus aeroportos, a partir de medianoite. É só o principio dunha serie de sancións que os líderes da UE prometeron implementar polo caso Protasevich. O activista político foi detido en Minsk, o 23 de maio, tras o desvío do avión no que viaxaba. Desde entón sucédense as condenas e as sancións. O xornalista bielorruso Román Protasevich recoñece a súa culpa, pide perdón e encomia ao presidente Lukashenko. Fíxoo nunha entrevista na televisión bielorrusa, que segundo a oposición e os pais do novo encarcerado é «resultado da tortura» e probables ameazas.