A Comisión Europea presentou unha directiva que propón fixar unhas condicións laborais mínimas en todos os países membros coas que pretende regularizar ata 4,1 millóns de empregados das plataformas dixitais que traballan como falsos autónomos, unha iniciativa que vai en liña do aprobado este mesmo ano polo Goberno, a coñecida como ‘Lei Rider’, aínda que ten que ser referendada polos Vinte e sete e polo Parlamento Europeo. Bruxelas considera que a “gran maioría” dos traballadores destas plataformas están correctamente clasificados, pero quere que se tomen medidas para asegurar que os preto de 5,5 millóns de falsos autónomos que estima hai no sector na UE sexan regularizados e teñan garantidos os seus dereitos sociais.